“Cinco miradas, unha verdade”: Estrea do curto realizado polo alumnado de Formación Básica

O CIFP Paseo das Pontes ten o orgullo de presentar “Cinco miradas, unha verdade”, a curta que o noso alumnado de Formación Básica de Aloxamento e Lavandaría e de Arreglos e Reparación de Artigos de Téxtil e de Coiro realizou con moito esforzo e dedicación.

Este proxecto, organizado polo departamento de orientación no marco do contrato programa “Proxectos de inclusión educativa”, aborda a temática da diversidade afectivo-sexual dun xeito sensible e profundo.

Sinopse:

“Cinco miradas, unha verdade” explora, a través de cinco historias entrelazadas, as múltiples facetas da identidade e o amor na comunidade LGTBI. Desde o medo ao rexeitamento ata a autoaceptación, pasando polo desexo de vivir libremente, cada relato reflicte os desafíos e as emocións que marcan o camiño de quen busca ser un mesmo. Cun equilibrio entre drama, misterio e comedia, a curta convida a romper barreiras, cuestionar prexuízos e celebrar a diversidade.

Un proxecto participativo:

O alumnado foi o auténtico protagonista deste proxecto, participando activamente en todo o proceso, desde a elaboración do guión ata a produción final da curta. A súa creatividade, talento e compromiso fixeron posible esta emocionante historia.

Agardamos que a disfrutedes e que vos convide a reflexionar sobre a importancia da inclusión e o respecto.

Making-of:

Agradecementos:

Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible este proxecto: ao alumnado pola súa dedicación, ao departamento de orientación polo seu apoio e a todas as persoas que colaboraron na produción da curta.

#CincoMiradasUnhaVerdade #CurtametraxeLGTBI #DiversidadeAfectivoSexual #InclusiónEducativa #FormaciónBásica #CIFPPaseoDasPontes

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search