CIFP Paseo das Pontes: Aprendendo sobre diversidade trans.
O pasado venres, o noso centro acolleu unha charla moi enriquecedora sobre diversidade afectivo-sexual, centrada no colectivo trans, impartida pola Asociación Arela e organizada polo Departamento de Orientación do centro.
A xornada foi unha oportunidade para aprender, reflexionar e sensibilizarnos sobre a realidade das persoas trans, promovendo o respecto e a inclusión na nosa comunidade educativa. Agradecemos á Asociación Arela a súa valiosa colaboración e a súa dedicación na defensa dos dereitos e a visibilidade do colectivo trans.


No CIFP Paseo das Pontes, comprometémonos a crear un ambiente seguro e inclusivo para todas as persoas, independentemente da súa identidade de xénero ou orientación sexual.
#DiversidadeAfectivoSexual #
#AsociaciónArela #CIFPPaseodasPontes #Inclusión #Respeto #EducaciónInclusiva #
#FormaciónProfesional