CIFP Paseo das Pontes: A tope no 2º día do Galicia Forum Gastronómico!
Seguimos a tope no Galicia Forum Gastronómico! Hoxe, o noso alumnado de Cociña e Servizos continuou deixando o listón ben alto no stand, demostrando talento, profesionalidade e moita ilusión por este sector que tanto nos apaixona.
Goazamos de showcookings, degustacións e moitos momentos de aprendizaxe. Unha experiencia única que nos motiva a seguir innovando e mellorando cada día!
Ademais, outra parte do noso alumnado estivo dando o callo nos talleres do Fórum, formando parte do equipo de axudantes de grandes profesionais do sector que están pasando estes días polo Galicia Forum Gastronómico 2025.
Se aínda non pasaches polo noso espazo, non perdas a oportunidade de descubrir de preto o traballo e a paixón das novas xeracións da hostalaría!











#CIFPPaseodasPontes #GaliciaForumGastronómico #GastronomíaGalega #Cociña #Servizos #FormaciónProfesional #Showcooking #Degustacións #HostalaríaGalega