Bolsas para Estudantes 2025/2026!

Información de interese para o alumnado do CIFP Paseo das Pontes

Queremos informarvos sobre a convocatoria de bolsas de carácter xeral para estudantes que estean a cursar estudos postobrigatorios durante o curso académico 2025/2026.

Quen pode solicitalas? Poderán solicitar estas bolsas aqueles estudantes que, a 30 de setembro de 2025, non posúan un título do mesmo nivel ou superior ao dos estudos para os que solicitan a bolsa.

Como solicitalas? As solicitudes deben presentarse de xeito telemático a través da páxina web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Máis información e contacto:

Para calquera dúbida ou consulta, podedes contactar con:

  • Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes: Teléfono 910 837 937 (luns a venres, de 9:00 a 17:30 horas).
  • Unidades de Bolsas:
    • Estudos non universitarios (A Coruña):
      • Rúa Vicente Ferrer, 2, 9.º, Edificio Administrativo de Monelos.
      • Teléfono: 981 184 741
      • Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
    • Estudos universitarios (A Coruña):
      • Sección de Bolsas-Pavillón de Estudantes, campus de Elviña.
      • Teléfono: 981 167 000
      • Correo electrónico: bolsas@udc.gal

Publicacións Oficiais:


#BolsasEstudo #CIFPPaseoDasPontes #FormacionProfesional #AxudasEstudantes #Educacion #FP #Curso2526

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search