Banquete de voda de película elaborado e servido polo alumnado do CIFP Paseo das Pontes
Hoxe vivimos unha xornada moi especial e emotiva no CIFP Paseo das Pontes! O noso centro converteuse no escenario dun fermoso banquete de voda, froito do talento e a dedicación do noso alumnado.





Os estudantes do ciclo medio de Cociña despregaron toda a súa arte e creatividade na elaboración dun menú nupcial exquisito e digno da mellor celebración. Dende uns variados e apetitosos aperitivos de pé ata tres elaborados pratos, o alumnado da actividade formativa de desempregados de pastelaría e confitería remataron cunha deliciosa sobremesa, cada detalle culinario foi coidadosamente preparado con paixón e profesionalidade.





Para que a experiencia fose completa, o alumnado do ciclo medio de Servizos de Restauración encargouse do servizo impecable do banquete. A súa profesionalidade, atención ao detalle e trato amable contribuíron a crear un ambiente máxico e festivo para os asistentes.
Este simulacro de banquete tivo como protagonistas a María Bazar, alumna do noso centro, e a Paula Ceán, intérprete de lingua de signos, que participaron activamente nesta práctica formativa. Aínda que non se trataba dun enlace real, a recreación foi tan realista que permitiu ao alumnado vivir de preto todas as fases dun evento destas características.
Como invitados de excepción a este simulacro contamos coa presenza de profesorado e alumnado do propio centro, incluíndo tamén aos do ciclo de Patronaxe e Moda, que non quixeron perderse esta demostración do bo facer dos seus compañeiros.





Dende o CIFP Paseo das Pontes queremos felicitar a todo o alumnado e profesorado dos ciclos de Cociña e Servizos polo seu excelente traballo e por aproveitar ao máximo esta valiosa experiencia de aprendizaxe.
#CIFPPaseodasPontes #SimulacroBanquete #CicloMedioCocina #CicloMedioServizos #FP #FormacionProfesional #PracticaFormativa #Aprendizaxe #Inclusion #LinguaDeSignos #TalentoFP