Aberta a nosa Oferta Formativa: Elixe a túa modalidade para o futuro!
Xa podes coñecer toda a oferta de ciclos de formación profesional para o curso que ven, nas súas diferentes modalidades:
Oferta Ordinaria
A modalidade clásica para unha inmersión completa. Matrícula por curso completo en dous anos académicos, con clases en horario de mañá e/ou tarde segundo o establecido polo centro. A asistencia ás clases é obrigatoria, garantindo un seguimento continuo e un ambiente de aprendizaxe enriquecedor.
Oferta Modular
Pensada para quen busca flexibilidade. Permíteche a matrícula parcial por módulos, que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A xornada lectiva adoita desenvolverse en horarios de tarde-noite na modalidade presencial, onde a asistencia é obrigatoria.
Se optas pola modalidade semipresencial ou a distancia, a asistencia é obrigatoria só ás actividades de avaliación. Aínda que a asistencia ás titorías e actividades formativas presenciais non é obrigatoria, é moi recomendable para un maior aproveitamento.
FP Dual Intensiva
Unha oportunidade única para combinar formación e experiencia laboral real. O seu obxectivo é a cualificación profesional nun réxime de alternancia de actividades formativas e laborais nunha empresa, combinadas coa formación no centro educativo. Organízase en proxectos formativos específicos que poden durar de un a tres cursos e combinar varias titulacións completas ou parciais. Unha forma directa de entrar no mercado laboral!
Cursos de Especialización
Actualiza e completa as túas competencias! Estes cursos teñen unha duración dun ano académico completo e están deseñados para persoas con un título profesional de referencia (medio ou superior). O seu obxectivo é incorporar na túa formación as últimas innovacións do sistema produtivo, especialmente en ámbitos emerxentes. Mantente á vangarda do teu sector!
Formación Acelerada
Queres unha cualificación rápida para o emprego? Esta modalidade busca que obteñas unha cualificación de xeito rápido, que che permita o acceso ao emprego en sectores clave para Galicia con plena inserción profesional. Ademais, esta formación é acumulable para que poidas obter un título posteriormente.
Caracterízase por concentrarse nun período curto de tempo, de catro a seis meses, realizándose dúas edicións por curso académico: a primeira de setembro a xaneiro, e a segunda de xaneiro a xuño.
Calendarios de admisión
Xa podes consultar os calendarios de admisión para cada unha delas. Prepara os teus documentos e non perdas a oportunidade de formarte nun centro de referencia!




Máis información:

FPCIFPPaseoDasPontes #FormacionProfesional #OfertaEducativa #EstudaConNos #FPOrdinaria #FPModular #FPDual #CursosEspecializacion #FormacionAcelerada #EducacionGalicia














amalia
18 Jun 2025buenos dias , no encuentro la web en Castellano. Serían tan amables de hacer visible la zona para escoger el idioma?
gracias
Atentamente
CIFP Paseo das Pontes
27 Jun 2025Buenos días Amalia, no tenemos aún disponible los pluggins para la traducción a otros idiomas. De todas formas, los navegadores suelen dar opción de traducir las páginas a las que acceden (pincha en los tres puntos que aparecen en el panel superior derecha). De todos modos, es muy probable que hablando castellano, puedas entender la mayoría de los contenidos que incluyen nuestra página aún estando en gallego.