A importancia de saber facer un bo café e ter un bo produto

Coñecer o produto e saber transmitir á clientela todo o que hai detrás del dende a súa orixe é fundamental para conseguir vivir unha experiencia completa en sala. Por iso, no noso centro nos esforzamos en que o noso alumnado de servizos non só aprenda a facer un bo café, senón que coñeza tamén como se produce e que é o que o converte en cafés excepcionais.
Queremos agradecer a visita de Finca Montes de Agua, unha familia de productores de cafés de especialidade de Honduras, por compartir con nós tanto coñecemento.

Tan importante como o produto son as destrezas que debe ter un bo barista? Alba Rodríguez, da empresa Cafento ☕e ex alumna do Paseo das Pontes, contoulle ao noso alumnado de servizos que aspectos deben terse en conta para facer un café perfecto, dende os materias necesarios ata a limpeza da zona de traballo. E velaí o resultado ??

Deixa unha resposta

Start typing and press Enter to search