⚠️ IMPORTANTE: Cancelación da Actividade Lectiva e Transporte Escolar (29/04/2025) ⚠️
Remitente: Centro de coordinación operativa-CECOPI
Titular do aviso: Cancelación da actividade lectiva por mor do apagamento xeral
Estimada comunidade educativa,
Informamos que, seguindo as medidas adoptadas polo Centro de coordinación operativa (CECOPI) debido á situación derivada do apagamento xeral que aconteceu onte, 28 de abril de 2025, queda cancelada toda a actividade docente e o servizo de transporte escolar para o día de hoxe, martes 29 de abril de 2025.
Esta decisión tomouse en aras de garantir a seguridade e o benestar de todos os nosos alumnos e persoal ante as posibles incidencias que poidan derivarse da falta de subministro eléctrico xeneralizado.
Rogamos a súa comprensión ante esta situación excepcional e manterémonos informados a través dos nosos canais habituais sobre calquera novidade.